O polo galego de Avigal, protagonista en PortAmérica grazas a Galicia Calidade

Pontevedra
06 de xullo 2024

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, tivo ocasión de degustar os produtos de Avigal durante o festival que se celebra na Azucreira de Portas

Broqueta de polo no PortAmérica
Broqueta de polo no PortAmérica / Galicia Calidade

 Avícola de Galicia (Avigal), empresa dedicada á produción de carne de ave en Pontevedra e de coello en Celanova, estivo presente, xunto con Galicia Calidade, no festival PortAmérica, celebrado os días 4, 5 e 6 de xullo en Pontevedra. O festival, cun éxito rotundo e entradas esgotadas desde hai meses, acolleu a máis de 50.000 asistentes.

Durante o evento, os presentes tiveron ocasión de degustar algúns dos produtos estrela da compañía: un wrap de pito galego de crecemento lento Pazo de Pías, característico por ser un pito amarelo cunha textura de carne firme e natural, e un elevado sabor e equilibrio nutricional; e unha broqueta do pito Pio, un pito único pola súa xenética e crianza, de crecemento lento, alimentación 100% vexetal e criado en Galicia.

A día de hoxe, Avigal comercializa a maior parte da produción do pito Pazo de Pías en gran distribución, a través da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski; e o pito Pio en establecementos de canle tradicional.

A xornada tamén contou coa visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen puido saborear distintas tapas elaboradas con carne de pito Pazo de Pías e Pio. Así mesmo, Avigal estivo presente no encontro empresarial organizado por Galicia Calidade, que brindou unha degustación dos seus produtos.

Desde Avigal, avógase pola cría e produción de carne de pito galego co fin de ofrecer un produto de calidade e promover o equilibrio territorial e o arraigamento local.

SOBRE AVIGAL

Empresa dedicada á cría, sacrificio, despezamento e distribución de pito e outras variedades avícolas do Grupo Agroalimentario Vall Companys. Avícola de Galicia leva 60 anos levando ás mesas dos seus consumidores produtos avícolas da mellor calidade.

Durante estes anos, a compañía adaptouse ás novas tecnoloxías e creceu e evolucionou constantemente, coidando do mercado tradicional e estendéndonos a novos formatos de produto. Todo, con total garantía de benestar animal, respecto á súa contorna e honrando a confianza dos seus consumidores.