O poboado da Ferrería será a 'porta de entrada' ao Nadal pontevedrés

Pontevedra
13 de decembro 2022

Os preparativos para que Pontevedra entre por fin, de xeito oficial, na temporada de Nadal continúan por toda a cidade. Os traballos para decorar prazas e rúas avanza con bo ritmo e todo estará listo para o acendido da ansiada iluminación, este venres 16 de decembro. Será cun acto institucional, ás seis da tarde, na Praza de España

Montaxe do poboado de Nadal na Ferrería
Montaxe do poboado de Nadal na Ferrería / Mónica Patxot

Os preparativos para que Pontevedra entre por fin, de xeito oficial, na temporada de Nadal continúan por toda a cidade. Os traballos para decorar prazas e rúas avanza con bo ritmo e todo estará listo para o acendido da ansiada iluminación, este venres 16 de decembro.

Será cun acto institucional, ás seis da tarde, na Praza de España, segundo consta no calendario festivo desvelado este martes polo Concello, que mestura animación, ocio, música e lecer e no que barrios e parroquias terán unha programación de seu.

O Poboado de Nadal da Praza da Ferraría, instalado entre o 16 de decembro e o 7 de xaneiro, será a porta de entrada a unha decoración de conto, ideal para as fotos e para os retratos familiares, contando nesta ocasión con varias casetas de distintas asociacións locais.

A animación de rúa será unha constante ao longo das vindeiras datas. Entre o 17 de decembro e o 4 de xaneiro, a Boa Vila contará cun máis dunha ducia de citas que van desde obradoiros de música a sorpresas en forma de apalpadoriños, trasnos ou rondallas polo centro histórico. 

Doutra banda, a música correrá a cargo dos tradicionais Cantos de Reis, cun percorrido polas diferentes prazas da cidade. Tamén está previsto a celebración do Concerto de Nadal de Xeración Sónica, o 23 de decembro ás 19:00 horas, na Praza de Ourense.

A CABALGATA DE REIS RECUPERA A NORMALIDADE

Un dos puntos álxidos desta programación de Nadal, será a cabalgata de Reis, que recupera a normalidade logo do parón derivado da covid-19 e verá ampliada o seu percorrido.

Partirá da Avenida de Lugo e irá cara Loureiro Crespo e atravesará Benito Corbal, a praza da Peregrina, Michelena, a praza de España e finalizará na Alameda.

Unhas horas antes, será a tradicional recepción oficial no Pazo de Mugartegui aos Reis. Ás 11:00 horas do 5 de xaneiro, antes de que comecen a súa viaxe por multitude de fogares.

Así mesmo, os centros culturais do municipio contarán cunha programación propia.

Haberá seis actuacións distintas que se irán distribuíndo e programando entre os diferentes centros culturais en Verducido, Monte Porreiro, A Canicouva, Marcón, Ponte Sampaio, Estribela, Lérez, Ponte Muíños, O Salgueiral-Bora, Reiriz-Alba, Tomeza, A Devesa-Alba, O Gorgullón, Santa María de Xeve, Centro Sur, Cons-Mourente, Os Campos-Mourente, Santo André de Xeve, O Burgo, Campañó, Centro Leste e Salcedo.

Estas actuacións serán a Abordaxe Pirata de Nadal, Pedro Volta. Un Mago na Lúa, Momentos Máxicos, Soño, Cantaconto e Cantaxogo