O Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade acordou garantir que calquera persoa que solicite o acceso ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e cumpra cos requisitos reciba a axuda municipal.
O alcalde, Jorge Cubela, quere "blindar" esta prestación social "aínda que para elo teñamos que prescisndir dalgunha obra ou actuación" para que ningunha persoa que o precise quede sin este servizo, para iso "aumentamos ata uns 800.000 euros a partida que destinamos para esta cuestión", indicou.
Ademáis, o Pleno aprobou a nova ordenanza reguladora do SAF e a actualización da taxa e o regulamento organizativo dos programas e actividades de conciliación da vida familiar e laboral.
Nesta mesma sesión plenaria aprobáronse os festivos locais para o ano 2025 que, como vén sendo tradicional, quedan fixados para o luns do Ecce Homo, o 28 de xullo; e o luns de San Roque, que o vindeiro ano caerá no 18 de agosto.
Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Socialista censurou que o Concello ainda non teña aprobados os orzamentos anuais, a pesar da maioría absoluta do goberno local.
Foi rexeitada a moción do PSdeG-PSOE esixindo a mellora da situación das emerxencias no territorio municipal que sigue dependendo do parque de bombeiros de Ribadumia "e que incumple de forma reiterada cos tempos de resposta ante situacións de emerxencia o que provoca unha total inseguridade cidadá".