Esta semana o concelleiro de facenda Manuel Santos presentou ao pleno da Corporación o Orzamento deste ano que ascende a 13,5 millóns de euros. Son 75.000 euros máis que o do ano pasado. O documento foi aprobado incialmente.
As transferencias correntes ascenden a 263.279 euros, o que supón case o 2% do orzamento, e van destinadas a clubes deportivos (102.000 euros) e tamén subvenións nominativas a entidades sociais, culturais e comerciais, en liña con anos anteriores.
No orzamento veñen reflectidas varias aportacións a convenios con outras administración como ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar en relación as nosas escolas Infantís da Galiña Azul.
Con cargo ao Remanente de Tesourería positivo se levarán a cabo os proxectos e as obras por un total de 1,2 millóns de euros e que están agora mesmo adxudicadas como son a pavimentación da Praza Pública de Cantodarea ou a reforma da Casa do Mar para reconvertila en Centro de Día.
Tamén hay outros proxectos que están en trámite de licitación como o colector de augas residuais entre os núcleos de Pastoriza e Picotes, a rede de abastecemento no núcleo de Bexe, a demolición do edificio do mercado e acondicionamento do solar na rúa Concepción Arenal en Cantodarea, a adaptación da planta baixa e semisoto do Liceo Casino para destinalo a actividades de ocio xuvenil e a arquivo municipal.
Manuel Santos sostivo que "é un orzamento para intentar mellorar a nosa cidade en todos os aspectos, tratando de prestar maiores y mellores servicios, cunha mellor xestión e optimizando os recursos dos que dispoñemos e conxelando un ano máis as tasas e impostos municipais".
CRÍTICAS DO PSOE
Para o portavoz do grupo municipal do PSOE en Marín, Manuel Pazos "este orzamento, que chega máis de tres anos tarde, non aborda os problemas máis importantes que ten Marín actualmente: nin se impulsa o PXOM, nin se abordan medidas para frear o despoboamento, nin para atraer e fixar empresas, nin turismo".
Ademais, incidiu o socialista en que "a perda de contribuíntes e o descenso de actividade económica en Marín xa se fai evidente tamén no orzamento municipal, que se salva pola maior achega do Estado. Tanto é así que Concelleiro de Facenda xa advirte da necesidade de incrementar os impostos en 2 millóns de euros".