A maioría do lixo recollido na praia da Lanzada nos últimos dez anos foi plástico, concretamente o63% dos residuos que chegan a ese areal son dese material, procedente da pesca e acuicultura, pero tamén achegado polo turismo, é dicir, aqueles que visitan a praia ao longo de todo o ano.
Estes son os datos achegados por un estudo realizado por investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO), xunto á Asociación Ambiental Ollamar, que foi publicado na revista 'Scientia Marina'.
Entre os anos 2001 e 2010 practicáronse case un centenar de mostraxes e neles recolléronse e catalogaron máis de 45.000 obxectos que nada tiñan que ver coa praia.
O plástico, o papel e cartón e os residuos sanitarios supoñen o 94% do lixo da praia da Lanzada.
En canto á orixe do lixo, a maior proporción procedía da pesca e a acuicultura, seguida do turismo e a hixiene persoal.