Un total de 495 iniciativas foron presentadas na nova convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra dotado con tres millóns de euros. Este rexistro supón un crecemento do 30% con respecto ao número de proxectos da edición de 2023.
O Deporte de Base, cun total de 254 proxectos e, Educación e Cultura, que alcanzou 78, foron as áreas de actuación máis solicitadas. Estas cifras representan un crecemento dun 38% e un 95%, respectivamente, con respecto ás iniciativas das mesmas categorías presentadas na edición de 2023. Tamén destacan as 76 actuacións, en Recuperación e Coidado da Contorna, as 55 na área de Promoción da Inclusión Social e as 32 focalizadas en Emprendemento e Innovación.
Área de actuación | Importe destinado | Nº Proxectos presentados 2023 | Nº Proxectos presentados 2024 |
Promoción da inclusión social | 530.000 euros | 48 | 55 |
Recuperación e coidado da contorna | 550.000 euros | 52 | 76 |
Educación e Cultura | 450.000 euros | 40 | 78 |
Emprendemento e innovación | 700.000 euros | 41 | 32 |
Deporte de base | 700.000 euros | 184 | 254 |
Axudas veciñais | N/A | 23 | N/A |
TOTAL | 3.000.000 | 388 | 495 |
Ence dará a coñecer os resultados da convocatoria, que arrincou o pasado dous de setembro e finalizou o 1 de outubro, antes de concluír este exercicio 2024. A listaxe de beneficiarios poderá consultarse a través da páxina web do Plan Social de Ence.
Ademais, como en convocatorias anteriores, cada solicitante recibirá unha notificación sobre a valoración e o resultado do proxecto presentado.