O Plan Revitaliza da Deputación, elixido como mellor experiencia ambiental de España

Pontevedra
27 de marzo 2018

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, compareceu en rolda de prensa para informar deste recoñecemento internacional que supón unha "espaldarazo" para esta iniciativa que está a xerar unha "grande expectativa" en diferentes institucións públicas de todo o Estado que demandan información sobre esta experiencia pioneira  

César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra
César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, concibido para impulsar a compostaxe como forma de xestión do lixo na provincia, foi seleccionado pola axencia Zero Waste Europe, como mellor experiencia ambiental de España.

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, compareceu en rolda de prensa para informar deste recoñecemento internacional que supón unha "espaldarazo" para esta iniciativa que está a xerar unha "grande expectativa" en diferentes institucións públicas de todo o Estado que demandan información sobre esta experiencia pioneira.

Zero Waste Europe (Residuo Cero Europa) é unha alianza internacional que une municipios europeos e establece relacións con ONG ambientais e ecoloxistas como Greenpeace, SÉ/ BirdLife e WWF, Amigos da Terra ou Ecoloxistas en Acción, entre outras, creando grupos locais de Residuo Cero co obxectivo de reducir os residuos para mellorar a sustentabilidade, a resiliencia económica e a cohesión social.

Mosquera explicou que o pasado venres se reuniu en Bruxelas o comité que elixiu unha experiencia relevante en cada estado membro da Unión Europea e "a única seleccionada do Estado español foi o Plan Revitaliza". 

Previsiblemente será no próximo mes de abril cando a Deputación de Pontevedra teña que expoñer o Plan Revitaliza ante a Comisión de Medio Ambiente da Comisión Europea o que supón un "recoñecemento dunha importancia e dunha potencia enorme" afirmou Mosquera. "Non o esperabamos", recoñeceu.

"É unha satisfacción para todos os concellos que se adheriron (27 municipios) para toda a xente que está a traballar (48 persoas), é gratificante e anima a seguir traballando", valorou.

O vicepresidente provincial sinalou que o propio Ministerio de Medio Ambiente xa "ten como referente" ao Plan Revitaliza de maneira que se envían todos a información sobre o proceso e os traballadores implicados neste proxecto viaxan con frecuencia a Madrid.

"Cando comezamos con isto, alá en agosto de 2015, desde logo non podiamos esperar en tan pouco tempo tivese tal alcance e proxección", afirmou.