A Deputación aprobou, mediante resolución presidencial, dun novo investimento destinado a Sanxenxo ao abeiro do Plan Concellos.
Trátase esta vez dunha axuda de 55.393,80 euros para financiar a subministración de marquesiñas para parada de autobús.
Ademais destas cantidades, o goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio.
O goberno provincial destina este ano a Sanxenxo, a través do Plan Concellos, un total de 1.972.572 euros, un 76,20% máis que en 2017.