O Pazo Besada acolleu a clausura do programa 'Saudemente'

Poio
28 de xuño 2024

'Saudemente' é unha actividade que se desenvolve durante todo o curso escolar de xeito itinerante na Casa Rosada, Seca, Campelo, Combarro, Raxó, Samieira e Vilariño

Clausura do programa 'Saudemente'
Clausura do programa 'Saudemente' / Concello de Poio

O Pazo de Besada acolleu este xoves a clausura do programa 'Saudemente' ao que asistiron 120 maiores de todas as parroquias. 

'Saudemente' é unha actividade que se desenvolve durante todo o curso escolar de xeito itinerante na Casa Rosada, Seca, Campelo, Combarro, Raxó, Samieira e Vilariño.

O alcalde Ángel Moldes e a concelleira de Benestar e Igualdade, Nati Torres, participaron na clausura da actividade, cuxo obxectivo é fomentar a socialización dos participantes e traballar o coidado emocional mentres fan exercicio físico ou exercitan a memoria.

Fixeron entrega dos diplomas a todo o alumnado e outorgaron unhas distincións especiais, "Orgullo de vida", aos participantes que superan os 90 anos.