A pontevedresa Beatriz Sieiro Caramés é a autora da imaxe coa que se promocionará este ano o Entroido de Bueu. A súa foi a proposta gañadora no concurso organizado polo Concello.
O goberno municipal destaca que o cartel reflicte dúas realidades moi asociadas a Bueu, como son o Paxaro de Mal Agoiro e o cine. Así mesmo, celebran que "é un deseño moi xestual e que centra moi ben o concepto de cartelismo, onde non sobra ningún elemento".
O xurado estivo conformado polo concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva Pastoriza, polo artista cangués Camilo Camaño Xestido e pola gañadora da pasada edición do certame, Isabel Núñez Montero, actuando como secretario Fernando Baeza Ordóñez, arquitecto municipal.
A gañadora, que foi elixida entre un total de dez carteis presentados, faise cun premio dotado con 300 euros e será a imaxe elixida para ilustrar a campaña de publicidade do Entroido de Bueu deste ano.