O Paxaro de Mal Agoiro despídese poñendo fin ao Entroido en Bueu

Bueu
03 de marzo 2024

O desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro celebrábase desde Montero Ríos ata a praia da Banda do Río onde era queimado o boneco que representa o paxaro, elaborado polo artista local Tino Resille

Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro
Desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro / Concello de Bueu

Finalizou este domingo o Entroido en Bueu co Enterro do Paxaro de Mal Agoiro

A comitiva partía ás 17.00 horas da Rúa Montero Ríos e circulaba por Francisco Escáneo, Pazos Fontenla e Castelao para finalizar na praia da Banda do Río coa queima do boneco que representa ao paxaro, elaborado para esta edición polo artista local Tino Resille.

Ao redor de vinte colectivos e numerosas persoas de maneira individual participaban neste tradicional desfile.

O xurado concedeu o primeiro premio individual a Sandra Pérez; no apartado de agrupacións de entre tres e quince compoñentes gañaban as Estrellas del Póker e no de máis de quince compoñentes, o primeiro premio foi para A sociedade da neve. Os do Pinsel resultaban vencedores na sección de comparsas.

Arquivado en