O pavillón do CEIP A Xunqueira II réndese ao Bodyfulness

Pontevedra
25 de setembro 2021

O proxecto municipal A Vida é Movernos chegou este sábado ao pavillón do CEIP A Xunqueira II de Pontevedra, onde a experta Lía Brea impartiu a primeira aula dos talleres de Bodyfulness previstos para este outono. O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, participou na actividade

Obradoiro de Bodyfulness no pavillón do CEIP A Xunqueira II
Obradoiro de Bodyfulness no pavillón do CEIP A Xunqueira II / Cristina Saiz

O proxecto municipal A Vida é Movernos chegou este sábado ao pavillón do CEIP A Xunqueira II de Pontevedra, onde a experta Lía Brea impartiu a primeira aula dos talleres de Bodyfulness previstos para este outono

O obradoiro buscou acadar unha aproximación somática ao movemento para mellorar a saúde integral, percibir a posibilidade de moverse desde a atención plena e a liberdade, experimentar as distintas formas de relacionarnos e expresarnos no mundo en movemento e adquirir algunha experiencia persoal significativa que promocione o movemento como elemento de saúde na vida diaria.

Para iso, a monitora combinou distintos elementos das disciplinas psicosomáticas, que traballan coa interacción da mente e o corpo e que compaxinan aspectos de conciencia corporal, movemento creativo e consciente e técnicas de meditación e contemplación.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, participou na actividade, que estaba prevista para a Illa das Esculturas, pero trasladouse ao pavillón do CEIP A Xunqueira II a causa da choiva.

Lía Brea, terapeuta en Danza Movemento Terapia (DMT) pola Universidade Autónoma de Barcelona e licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), impartiu a actividade para un grupo de 12 participantes.