O paseo Antonio Blanco, de novo foco de atención dos vándalos

Marín
18 de xullo 2018

O Concello fai un chamamento á colaboración cidadá para acabar con este tipo de comportamentos, pois os actos vandálicos levan meses afectando a distintos espazos públicos de Marín, desde este paso á Finca de Briz, as praias ou as marquesiñas das paradas de autobuses

Actos vandálicos no parque infantil do paseo Alcalde Antonio Blanco
Actos vandálicos no parque infantil do paseo Alcalde Antonio Blanco / Concello de Marín

O paseo Alcalde Antonio Blanco de Marín volveu a converterse en foco de atención dos vándalos. Do mesmo xeito que ocorrera en xaneiro, sufriu danos no valado do parque infantil situado na contorna. 

Segundo deu a coñecer a acaldesa, María Ramallo, unha zona do valado sufriu importantes danos e, danos que se suman a outros rexistrados días atrás, cando os vándalos procederon á queima dunha palmeira da contorna e provocaron unha rotura noutra parte do peche perimetral. 

O Concello fai un chamamento á colaboración cidadá para acabar con este tipo de comportamentos, pois os actos vandálicos levan meses afectando a distintos espazos púbicos de Marín, desde este paso á leira de Briz, as praias ou as marquesiñas das paradas de autobuses en Santo Tomé de Piñeiro, Ardán e A Bouza (San Xulián).