O Partido Socialista vive un bo momento... en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
18 de maio 2017

Un total de 70 afiliados e simpatizantes do Partido Socialista de Ponte Caldelas participaron nunha xuntanza para celebrar os dous primeiros anos na Alcaldía e comezar a preparar as próximas eleccións municipais

Xuntanza dos socialistas de Ponte Caldelas
Xuntanza dos socialistas de Ponte Caldelas

Un total de 70 afiliados e simpatizantes do Partido Socialista de Ponte Caldelas participaron nunha xuntanza para celebrar os dous primeiros anos na Alcaldía e comezar a preparar as próximas eleccións municipais

Segundo trasladan dende o PSdeG, os participantes nesta xuntanza coincidiron en observar que se respira no ambiente que "a renovación da Alcaldía nas próximas eleccións municipal está moi ao alcance da man".

"O PSdeG-PSOE vive un bo momento en Ponte Caldelas" suliñaron á vista do incremento que se está a notar na afiliación e na xente que se achega ao partido. A recente presenza na localidade do candidato no proceso de primarias, Pedro Sánchez, tamén foi moi valorada polos militantes, "moi orgullosos de comprobar que Ponte Caldelas está no mapa e se fala das iniciativas que aquí se emprenden". 

Ao tempo anunciouse que para o ano que vén cambiarase o formato deste xantar. Desta volta foi unha comida no asador Castilla, pero o alcalde e presidente dos socialistas caldeláns quere convertela nunha festa-romaría que tería lugar, baixo carpa, na parroquia de Xustáns.

Durante a súa intervención, Andrés Díaz, subliñou a importancia de ter acadado a Alcaldía "quebrando así os 40 anos de poder do Partido Popular e, sobre todo, cambiando un estilo de goberno de costas aos cidadáns por un Concello participativo, próximo á xente, e sensible coas súas demandas". 

Finalmente, o alcalde agradeceu o apoio e lealdade dos dous socios de goberno do PSdeG-PSOE, que son a agrupación independente AVP e o BNG.