O Partido Socialista presenta as súas candidaturas ao 23X para "la defensa a ultranza de este territorio"

Pontevedra
19 de xuño 2023

"La defensa a ultranza de este territorio va a ser lo que identifique tanto a nuestros senadores como a nuestros congresistas", dixo o secretario xeral do Partido Socialista na provincia de Pontevedra, David Regades durante a presentación das candidaturas do PSdeG-PSOE para as eleccións xerais do próximo 23 de xullo

Candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Congreso e ao Senado
Candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Congreso e ao Senado / PSdeG-PSOE

"La defensa a ultranza de este territorio va a ser lo que identifique tanto a nuestros senadores como a nuestros congresistas", dixo o secretario xeral do Partido Socialista na provincia de Pontevedra, David Regades durante a presentación das candidaturas do PSdeG-PSOE para as eleccións xerais do próximo 23 de xullo.

"Nuestra candidatura es cien por cien de Pontevedra, cien por cien del territorio", sinalou Regades nunhas declaracións efectuadas na Xunta Electoral provincial, cuxa sede está na Audiencia de Pontevedra.

"Que se prepare el PP porque va a tener voces que defiendan a esta provincia con uñas y dientes", engadiu pola súa banda Carmela Silva que asegurou que se vai a "encargar en primera persona" de defender as políticas de igualdade de xénero do proxecto socialista  "ante un PP que se pone a disposición de Vox, digan lo que digan, para erradicar la igualdad entre mujeres y hombres, incluso queriendo borrar del mapa un concepto como es la violencia de género".

Carmela Silva engadiu que tamén defenderá desde o Senado todos os proxectos que tanto tempo levan sobre a mesa tras saír "de los cajones en los que los metió Ana Pastor", en referencia tanto á rede ferroviaria de alta velocidade como o proxecto de construír un túnel na autovía entre Vigo e O Porriño.

Por último, Silva tamén advertiu de que se manterá vixiante para que o novo goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra non dea pasos atrás e que non "siga usando las diputaciones como espacios para el caciquismo y el clientelismo".