O servizo municipal de Parques e Xardíns segue a aproveitar que todos os parques infantís están pechados pola pandemia do coronavirus para seguir avanzando nos traballos de reparación. O último en ser renovado foi o situado na Rúa dos Soutos.
Nesta actuación investíronse 1.800 euros que permitiron a substitución completa de varios postes deteriorados en bambáns, a reparación do valado perimetral, o pintado de pezas, a substitución de parafusos en mal estado e o arranxo do céspede artificial, que incluíu a limpeza e o seu peiteado mecánico.
Ademais, tamén se fixo unha achega de area de seixo para restaurar o pavimento e mellorar así a súa capacidade de amortiguación.
A finalidade destes traballos é que as instalacións de xogos estean en perfectas condicións cando se levanten as restricións do estado de alarma.