O parque infantil da Illa do Covo, obxecto dunha mellora integral nas vindeiras semanas

Pontevedra
04 de agosto 2024

O orzamento total para esta mellora e reforma do parque é de 46.646,83 euros e o prazo establecido para o remate dos traballos é de dous meses. Esta instalación funciona como un dos principais principal centro de lecer para a rapazada na contorna da Illa das Esculturas

Traballos de reparación e mantemento no parque infantil da Illa das Esculturas
Traballos de reparación e mantemento no parque infantil da Illa das Esculturas / Concello de Pontevedra

Ao longo das próximas semanas, o parque infantil da Illa do Covo recibirá unha mellora integral, que inclúen a limpeza xeral do parque, a reparación do seu pavimento, a restauración e pintado do mobiliario e a restauración integral de elementos defectuosos.

O orzamento total para esta mellora e reforma do parque é de 46.646,83 euros e o prazo establecido para o remate dos traballos é de dous meses.

O parque de xogos da Illa das esculturas é unha instalación que funciona como un dos principais principal centro de lecer para a rapazada na contorna. Foi deseñado no seu día mediante elementos de carácter natural, fabricado en madeira de robinia que lle atribúen unha personalidade propia en harmonía coa contorna.

O concelleiro de Parques e xardíns, Xaquín Moreda, sinala que a principio de mandato o alcalde deu orde de priorizar o mantemento dos espazos públicos, unha idea global e transversal que se vén mantendo ao longo destes meses. "Fomos facendo diversas intervencións neste tempo e agora é a quenda do parque infantil da Illa do Covo", sinalou.

O parque de xogos  foi deseñado no seu día mediante elementos de carácter natural, fabricado en madeira de robinia que lle atribúen unha personalidade propia en harmonía coa contorna. Moreda sinalou que é "un parque singular, é moi usado pola rapazada e as familias, e vai contar cunha actuación global no que tamén se mellorará a súa contorna".