O paro subiu en outubro nos concellos pontevedreses mentres que en España baixou por primeira vez na historia

Pontevedra
03 de novembro 2021

O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego no concello de Pontevedra subiu en 193 persoas en outubro. O total de desempregados na Boa Vila é de 5.118 persoas, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social

Traballador da construcción
Traballador da construcción / Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas de emprego no concello de Pontevedra subiu en 193 persoas en outubro.

O total de desempregados na Boa Vila é de 5.118 persoas, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Traballo e Economía Social.

Por municipios en Poio o número de desempregados é de 964 (49 máis que o mes pasado); en Campo Lameiro, 99 (-1); Cerdedo-Cotobade, 287 (8); A Lama 147 (4); Ponte Caldelas, 393 (3); Vilaboa 326 (6) e Barro, 219 (0). 

Na comarca do Salnés é xeneralizado o incremento do número de persoas en paro. Así, en Cambados, 843 (39); O Grove, 721 (26); Meaño, 283 (38); Meis, 242 (29); Ribadumia, 278 (22); Sanxenxo, 913 (118); Vilagarcía, 2891 (14); Vilanova, 584 (0) e A Illa de Arousa, 214 (3).

Igualmente, sobe en Marín, 1.397 (31) e en Bueu, 738 (27). Tamén na comarca do Umia, Caldas de Reis, 571 (3); Cuntis, 247 (9); Moraña, 243 (6); Portas, 164 (18).

GALICIA

En Galicia subiu o número de parados en 991 persoas en outubro, un incremento do 0,65% respecto ao mes anterior, o que contrasta coa baixada media estatal do -0,02%. O total de desempregados ascende a 154.045 persoas.

Na comparativa cun ano antes, o paro baixa en 27.262 persoas na comunidade galega, un 15% menos que en outubro de 2020. Neste caso supón unha caída lixeiramente superior á media española (-14,87%).

PROVINCIA

Por provincias, a subida do paro en Galicia débese ao incremento en 1.296 desempregados na provincia de Pontevedra (+2,21%), xa que se reduciu en Lugo (271 menos, -1,81%) e en Ourense (34 menos, -0,19%). Mentres, na Coruña mantense sen variación.

Respecto ao décimo mes do ano anterior, os 59.994 parados de Pontevedra supoñen 9.071 menos (-13,13%). 

ESPAÑA

En España, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 734 desempregados en outubro (-0,02%), o seu primeiro retroceso neste mes desde 1975, primeiro ano do que hai rexistros, dato que o Ministerio cualificou de "excepcional".

Arquivado en