No concello de Pontevedra o paro subiu no mes de setembro en 173 persoas. Un dato que os sindicatos relacionan coa estacionalidade do turismo xa que outras localidades que reciben a moitos visitantes durante a época estival coma Sanxenxo ou o Grove lideran o incremento do desemprego na nosa contorna con 202 e 224 persoas, respectivamente, inscritas no paro durante este mes.
Setembro 2016 | Agosto 2016 | Variación | |
Pontevedra | 6.495 | 6.322 | 173 |
Barro | 318 | 310 | 8 |
Bueu | 810 | 750 | 60 |
Caldas de Reis | 841 | 862 | -21 |
Cambados | 1.044 | 1.019 | 25 |
Campo Lameiro | 155 | 160 | -5 |
Cotobade | 333 | 316 | 17 |
Cuntis | 381 | 411 | -30 |
O Grove | 772 | 570 | 202 |
A Illa de Arousa | 292 | 281 | 11 |
A Lama | 199 | 199 | 0 |
Marín | 1.861 | 1.816 | 45 |
Meaño | 367 | 307 | 60 |
Meis | 357 | 365 | -8 |
Moraña | 383 | 398 | -15 |
Poio | 1.861 | 1.090 | 79 |
Ponte Caldelas | 545 | 537 | 8 |
Portas | 215 | 237 | -22 |
Ribadumia | 341 | 327 | 14 |
Sanxenxo | 1.053 | 829 | 224 |
Vilaboa | 446 | 426 | 20 |
Vilagarcía de Arousa | 3.577 | 3.623 | -46 |
Vilanova de Arousa | 784 | 794 | -10 |
DATOS PROVINCIAIS
O paro subiu na provincia de Pontevedra no mes de setembro en 361 persoas, un 0,47 por cento, ata situar en 77.419 o número de desempregados.
En relación co pasado ano este mes de setembro hai 8.947 desempleaados menos, o que supón unha variación do 10,36%.
GALICIA
Tamén en Galicia o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en setembro en relación co mes anterior en 1.291 persoas (+0,67%).
Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego o número de desempregados en Galicia é de 194.336 persoas.
En comparación con setembro de 2015, con todo, a comunidade galega conta con 21.401 parados menos, o que supón un descenso do 9,92%.
ESPAÑA
No conxunto estatal, foron 22.801 persoas máis en paro respecto de agosto (+0,6%). Aínda así, o total de desempregados continuou nos seus niveis máis baixos do últimos sete anos ao situarse en 3.720.297 parados.