O paro no concello de Pontevedra descende en maio en 162 persoas

Pontevedra
02 de xuño 2017

O número de persoas desempregadas rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego sitúase na provincia de Pontevedra nas 79.346, o que supón un descenso do 2,51% con respecto ao mes de abril

Traballadores realizando as súas labores na rúa Michelena
Traballadores realizando as súas labores na rúa Michelena / Mónica Patxot

O número de persoas sen emprego rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego reduciuse durante o mes de maio en 162 persoas no concello de Pontevedra.

Desta forma, o volume total de parados alcanzou a finais de maio no municipio a cifra de 6.493 desempregados.

     Abril        Maio       Variación
Pontevedra6.6556.493-162
Barro337309-28
Bueu922919-3
Caldas de Reis870837-33
Cambados1.2081.219-11
Campo Lameiro152156+4
Cerdedo-Cotobade448447-1
Cuntis384369-15
O Grove910893-17
A Illa de Arousa366353-13
A Lama205195-10
Marín1.9101.803-107
Meaño430423-7
Meis389384-5
Moraña421415-6
Poio1.2421.216-26
Ponte Caldelas597577-20
Portas238225-13
Ribadumia379372-7
Sanxenxo1.2111.184-27
Vilaboa489465-24
Vilagarcía de Arousa3.9603.895-65
Vilanova de Arousa      920911-9

O número de desempregados rexistrados nas oficinas do Sercio Público de Emprego reduciuse durante o mes de maio en 2.039 persoas na provincia de Pontevedra.

Esta cifra, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, supón un descenso do 2,51% con respecto ao mes anterior deixando a cifra de parados en Pontevedra nos 79.346.

Nos datos acumulados o descenso é máis pronunciado, xa que con respecto ao mesmo mes do ano 2016 a redución é do 9,48%, ou o que é o mesmo, de 8.310 persoas.

No que respecta a Galicia, o paro baixou en 4.991 persoas durante o mes de maio para situarse nunha cifra total en toda a comunidade de 199.638 desempelados.

Como nota negativa segue situándose o alto índice de contratación temporal, xa que dos 87.595 contratos asinados durante o último mes en Galicia só 6.740 foron indefinidos, 535 máis que os rubricados en abril.

Arquivado en