O paro na Boa Vila crece en 18 persoas no mes de febreiro

Pontevedra
04 de marzo 2019

Por provincias, o desemprego caeu en todas as galegas salvo en Pontevedra, onde se rexistrou un aumento do 0,09%, con 59 parados máis, ata chegar ás 69.267 persoas

Dúas persoas traballando
Dúas persoas traballando / Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) no municipio de Pontevedra subiu en 18 persoas durante o mes de febreiro ata situar a cifra en 5.894 desempregados. Deles, 2.518 son homes e 3.376 mulleres. 

   Febreiro  Xaneiro   Variación
Pontevedra5.8945.87618
Barro27226210
Bueu794 803-9
Caldas de Reis72671511
Cambados1.0781.06315
Campo Lameiro1301300
Cerdedo-Cotobade36034515
Cuntis283306-23
O Grove1.0231.00914
A Illa de Arousa31229319
A Lama17916712
Marín1.639 1.672-33
Meaño393 3903
Meis363376-13
Moraña300310-10
Poio1.1051.0987
Ponte Caldelas507520-13
Portas205 213-8
Ribadumia3123075
Sanxenxo1.2431.2430
Vilaboa4194172
Vilagarcía de Arousa3.4203.33981
Vilanova de Arousa   777 76512

 

PROVINCIA

Por provincias, o desemprego caeu en todas as galegas salvo en Pontevedra, onde se rexistrou un aumento do 0,09%, con 59 parados máis, ata chegar ás 69.267 persoas.

GALICIA

O número de parados baixou en 1.091 persoas en Galicia en febreiro en relación con xaneiro (-0,62%).

Deste xeito, o total de persoas en paro na comunidade galega situouse en 173.709, que son 14.498 menos que durante o segundo mes de 2018 (-7,7%), segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Traballo.

DATOS ESPAÑA

No conxunto estatal o número de parados rexistrados subiu en 3.279 desempregados en febreiro (+0,1%), o seu peor rexistro neste mes desde 2013.

O volume total de parados sitúase en 3.289.040 desempregados.

Arquivado en