Esta mesma tendencia alcista rexístrase en toda a provincia de Pontevedra, que sumou 795 persoas máis como demandantes de emprego en agosto, un aumento do 1,47% que eleva a 54.849 os pontevedreses en situación de desemprego.
En agosto de 2021, hai xusto un ano, había un 6,46% de parados máis en toda a provincia, un total de 58.640 persoas.
Pola súa banda, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego aumentou en 2.062 persoas en agosto en Galicia, un 1,47% máis que en xullo, ata un total de 141.912 desempregados.
Son, en todo caso, 9.352 persoas menos en paro na comunidade galega que hai doce meses, o que supón un descenso interanual do 6,18%.
No conxunto do Estado, agosto pecha con 40.428 parados máis, fundamentalmente pola destrución de emprego no sector servizos, o que sitúa en 2.924.240 persoas o número total de desempregados en España, 409.000 menos que hai un ano.