A diferenza do que pasou en gran parte da provincia, febreiro non foi un bo mes para as cifras de desemprego na cidade. Un total de 15 persoas sumáronse ás listas do paro en Pontevedra, segundo desvelou este mércores a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Con estes datos, o número de desempregados na cidade ascende a 7.667 persoas, un 0,19% máis que o mes anterior.
Fronte a este aumento, o resto dos municipios das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés -salvo Vilagarcía e Vilanova- rexistraron moderados descensos no número de demandantes de emprego durante febreiro. Marín, O Grove e Cambados son os concellos que tiveron un mellor comportamento en febreiro.
Febreiro 2016 | Xaneiro 2016 | Variación | |
Pontevedra | 7.667 | 7.652 | 15 |
Barro | 405 | 409 | -4 |
Bueu | 1.016 | 1.036 | -20 |
Caldas de Reis | 1.073 | 1.098 | -25 |
Cambados | 1.476 | 1.523 | -47 |
Campo Lameiro | 198 | 206 | -8 |
Cotobade | 400 | 406 | -6 |
Cuntis | 499 | 507 | -8 |
O Grove | 1.184 | 1.221 | -37 |
A Illa de Arousa | 439 | 460 | -21 |
A Lama | 246 | 267 | -21 |
Marín | 2.283 | 2.326 | -43 |
Meaño | 549 | 552 | -3 |
Meis | 537 | 540 | -3 |
Moraña | 493 | 505 | -12 |
Poio | 1.498 | 1.511 | -13 |
Ponte Caldelas | 685 | 691 | -6 |
Portas | 323 | 316 | 7 |
Ribadumia | 512 | 513 | -1 |
Sanxenxo | 1.622 | 1.627 | -5 |
Vilaboa | 566 | 568 | -2 |
Vilagarcía de Arousa | 4.428 | 4.375 | 53 |
Vilanova de Arousa | 1.064 | 1.045 | 19 |
DATOS PROVINCIAIS
O mes de febreiro pechou cun lixeiro descenso nas cifras de desemprego na provincia de Pontevedra. No último mes, 517 pontevedreses atoparon un posto de traballo e abandonaron as listas do paro, segundo desvelou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Así, 94.155 persoas seguen buscando un posto de traballo na provincia, un 0,54% menos que o mes pasado.
Pola súa banda, o paro rexistrado en Galicia baixou en febreiro en 1.179 persoas respecto de xaneiro, un 0,50% menos, situándose a cifra total de parados en 235.268.
Con respecto a febreiro de 2015, a comunidade galega conta na actualidade con 22.281 desempregados menos, o que representa un descenso do 8,65%.