Febreiro, animado polo sector servizos, supuxo un respiro para os datos de desemprego na provincia de Pontevedra. Tamén na Boa Vila. O paro baixou na cidade en 34 persoas, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 6.303, segundo a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O descenso, tímido na maioría dos casos, é a tónica xeral en toda a área de influencia da capital da provincia. Só crece en casos contados como O Grove, A Illa de Arousa, Marín ou Vilagarcía.
Febreiro | Xaneiro | Variación | |
Pontevedra | 6.303 | 6.337 | -34 |
Barro | 307 | 309 | -2 |
Bueu | 829 | 867 | -38 |
Caldas de Reis | 805 | 811 | -6 |
Cambados | 1.175 | 1.200 | -25 |
Campo Lameiro | 145 | 149 | -4 |
Cerdedo-Cotobade | 402 | 406 | -4 |
Cuntis | 335 | 361 | -26 |
O Grove | 1.070 | 1.058 | 12 |
A Illa de Arousa | 353 | 341 | 12 |
A Lama | 188 | 187 | 1 |
Marín | 1.787 | 1.779 | 8 |
Meaño | 421 | 433 | -12 |
Meis | 398 | 400 | -2 |
Moraña | 359 | 369 | -10 |
Poio | 1.176 | 1.209 | -33 |
Ponte Caldelas | 529 | 541 | -12 |
Portas | 236 | 231 | 5 |
Ribadumia | 366 | 359 | 7 |
Sanxenxo | 1.292 | 1.342 | -50 |
Vilaboa | 443 | 469 | -26 |
Vilagarcía de Arousa | 3.713 | 3.687 | 26 |
Vilanova de Arousa | 843 | 841 | 2 |
DATOS PROVINCIAIS
Segundo recolle o informe mensual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o paro baixou en 800 persoas na provincia de Pontevedra durante o último mes, un 1,05%, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 74.958 persoas.
Pola súa banda, o paro rexistrado en Galicia baixou en febreiro en 1.679 persoas, un 0,88% con respecto ao mes anterior. Así, a cifra de desempregados na comunidade galega, segundo os datos do ministerio, ascende a 188.207 persoas.
No último ano -de febreiro a febreiro- o paro baixou en Galicia en 23.717 persoas, un 11,19 por cento.
No conxunto de toda España, o número de parados rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego diminuíu en 6.280 persoas con respecto a xaneiro. A cifra total de españois sen emprego é 3.470.248, o seu nivel máis baixo do últimos nove anos.
Os datos que se fixeron públicos este venres reflicten un descenso interanual de 280.628 persoas, un 7,48 por cento.
O número de contratos rexistrados no mes de febreiro foi de 1.546.402, o que representa unha subida do 6,46% sobre o mesmo mes de 2017. Deles, 174.287 foron indefinidos, o que supón un 15,37% máis, (23.215) que o ano anterior.