O paro baixou na provincia de Pontevedra en 430 persoas en agosto, 63 delas na capital

Pontevedra
02 de setembro 2014
Actualizado: 17:55

ÿ a provincia galega na que menos se reduciu o número de desempregados que na comunidade autónoma sitúanse en 3.340 persoas o pasado mes. No que vai de ano, o paro baixou na provincia pontevedresa en 5.795 persoas. En total, agosto terminou con 95.846 pontevedreses rexistrados nas oficinas de Emprego

Un traballador fronte ao cartaz da ILES (Iniciativa local de emprego social)
Un traballador fronte ao cartaz da ILES (Iniciativa local de emprego social)

Segue diminuíndo o número de demandantes de emprego na cidade de Pontevedra, aínda que o descenso se moderou neste mes de agosto. Segundo os datos publicados este martes pola Xunta de Galicia, 63 persoas abandonaron as listas de desemprego nos últimos 30 días. A día de hoxe son 7.765 pontevedreses os que seguen buscando traballo, un 0,80% menos que o mes anterior.

En termos interanuais, Pontevedra rexistra 406 parados menos que hai un ano. Por sectores, os maiores descensos en agosto producíronse no colectivo sen emprego anterior (32 parados menos) e na construción (28 parados menos). Tamén cae na industria e agricultura, con 15 e 7 parados menos respectivamente; mentres que aumenta no sector servizos con 19 desempregados máis.

Con respecto aos municipios da área de influencia da capital, os maiores descensos nas listas de desemprego prodúcense na Illa de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Meis ou Vilagarcía. Pola contra, hai máis parados que en xullo en concellos como O Grove, Marín, Poio, Vilaboa ou Cotobade.

 Agosto 2014Xullo 2014Variación mensual
Pontevedra7.7657.828-63 (-0,80%)
Barro3823775 (1,33%)
Bueu977996-19 (-1,91%)
Caldas de Reis1.1021.136-34 (-2,99%)
Cambados1.2681.327-59 (-4,45%)
Campo Lameiro2142086 (2,88%)
Cotobade421423-2 (-0,47%)
Cuntis5225184 (0,76%)
O Grove839787-52 (-6,61%)
A Illa de Arousa328344-16 (-4,65%)
A Lama247248-1 (-0,40%)
Marín2.2932.25835 (1,55%)
Meaño45544411 (2,48%)
Meis469482-13 (-2,70)
Moraña5075043 (-0,60%)
Poio1.4201.4119 (0,64%)
Ponte Caldelas685696-11 (-1,58%)
Portas278286-8 (-2,80%)
Ribadumia451463-12 (-2,59%)
Sanxenxo1.1361.138-2 (-0,18%)
Vilaboa61860117 (-2,75%)
Vilagarcía de Arousa4.5184.620-102 (-2,21%)
Vilanova de Arousa1.0361.042-6 (-0,58%)

 

DATOS PROVINCIAIS

O paro baixou na provincia de Pontevedra en 430 persoas no mes de agosto, un 0,45% menos que en xullo. ÿ a provincia galega na que menos se reduciu o número de desempregados que na comunidade autónoma sitúanse en 3.340 persoas o pasado mes.

Galicia foi a comunidade española con mellores datos de emprego no oitavo mes do ano, que pechou a nivel nacional con 4.427.930 desempleados rexistrados nas oficinas de Emprego.

No que vai de ano, o paro baixou na provincia pontevedresa en 5.795 persoas.

En total, agosto terminou con 95.846 pontevedreses rexistrados nas oficinas de Emprego. Destes 51.003 son mulleres e 44.843 homes. De todos estes desempregados 5.846 teñen menos de 25 anos.

Por sectores, 3.492 desempregados corresponden á agricultura, 14.503 á industria, 11.838 á construción, 57.526 ao sector servizos e 8.487 non tiveron un emprego anterior.

Arquivado en