O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo INEM) na provincia de Pontevedra baixou en -3.677 persoas, isto supón un -4,90% respecto ao mes de maio. Deste xeito o número de rexistrados como demandantes de emprego sitúase en 71.417 pontevedreses.
En Galicia o paro descendeu en xuño en 6.428 persoas (-3,36%) respecto ao mes anterior, o que arroxa un total de 184.654 desempregados, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social publicados este xoves.
Deste xeito, Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro en xuño. A caída galega contrasta coa subida no Estado.
En España, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 5.107 desempregados en xuño (+0,1%), o seu maior repunte nun mes de xuño desde 2008, segundo o Ministerio de Traballo e Economía Social, que destacou que estas cifras "afondan na tendencia de ralentización" do ritmo de crecemento do desemprego que se iniciou en maio.