O paro baixa na cidade de Pontevedra en 92 persoas durante o mes de xullo deixando o total en 4.667 desempregados

Pontevedra
02 de agosto 2022
Actualizado: 17:10

Tamén no conxunto de Galicia descendeu o paro en 1.082 persoas en xullo, o que supón un 0,77% menos que no mes anterior, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social

Unha persoa traballando na restauración dun cruceiro
Unha persoa traballando na restauración dun cruceiro / Xunta de Galicia

O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este martes o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 92 persoas no mes de xullo o que sitúa o total de desempregados na capital en 4.667.

En Poio hai 836 desempleados (o que supón unha baixada de -56); Barro, 188 (+4); Campo Lameiro, 86 (-2); Cerdedo-Cotobade 259 (-15); A Lama, 123 (-10); Vilaboa, 279 (-11); Bueu, 591 (-40); Marín, 1.241 (-49).

Na comarca do Salnés-Arousa: Cambados, 716 (-48); O Grove, 467 (-65); Meaño, 208 (-8); Meis, 229 (-20); Ribadumia, 200 (-11); Sanxenxo, 574 (-85); Vilagarcía, 2.696 (-83); Vilanova de Arousa 564 (-7); A Illa de Arousa, 167 (-13).

Na comarca do Umia: Caldas de Reis, 513 (-6); Cuntis, 210 (+10); Moraña, 210 (-2); Portas, 149 (-12).

A provincia de Pontevedra experimentou un descenso do número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego durante o mes de xullo. 

En total hai 866 parados menos que en xuño, polo o total de persoas que buscan emprego sitúase en 54.054. Se o comparamos cos datos de hai un ano son 5.188 desempregados menos que en xullo de 2021, un 8,76% menos.

Tamén no conxunto de Galicia descendeu o paro en 1.082 persoas en xullo, o que supón un 0,77% menos que no mes anterior, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Desta forma, o paro comportouse de mellor forma na nosa Comunidade que a media nacional, xa que no total de España o desemprego aumentou o mes pasado nunhas 3.230 persoas, un 0,1% máis que en xuño. O total de desempregados é de 2.883.812 persoas, sempre segundo datos do Ministerio.

Nos últimos 12 meses, o paro contabilizou unha baixada de 12.084 persoas en Galicia, un 7,95% menos que en xullo de 2021, deixando un total de 139.850 persoas anotadas nas oficinas de emprego. O paro feminino supón o 58,8% do total.

 

Arquivado en