O paro rexistrado nas oficinas de emprego no municipio de Pontevedra descendeu en xuño en 223 persoas, segundo os datos difundidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
A día de hoxe a cifra de desempregados na Boa Vila é de 5.691persoas das que 3.345 son mulleres.
A provincia de Pontevedra liderou durante o mes de xuño a baixada do paro en Galicia, con 3.341 demandantes de emprego menos inscritos nas oficinas públicas de emprego, a metade do total de descenso de toda a comunidade.
En Galicia, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o número de persoas apuntadas nas oficinas de emprego en xuño descendeu en 6.631, dos que 3.341 baixaron as estatísticas en Pontevedra, 430 en Ourense, 572 en Lugo e 2.288 na Coruña.
Ao 30 de xuño o número de persoas desempregadas situábase na provincia en 65.841, un 4,83 por cento menos que un mes antes. Este descenso é maior á media galega, pois na comunidade o descenso foi do 3,75 por cento con respecto ao mes de maio, situando en 170.065 os demandantes de emprego.
O descenso con respecto a un ano antes foi en Pontevedra do 11,81 por cento, con 8.813 desempregados menos inscritos no antigo Inem que en xuño de 2017.
Xuño | Maio | Variación | |
Pontevedra | 5.691 | 5.904 | -213 |
Barro | 255 | 265 | -10 |
Bueu | 726 | 778 | -56 |
Caldas de Reis | 767 | 720 | -53 |
Cambados | 949 | 1.051 | -102 |
Campo Lameiro | 137 | 136 | 1 |
Cerdedo-Cotobade | 336 | 354 | -18 |
Cuntis | 310 | 324 | -14 |
O Grove | 645 | 838 | -193 |
A Illa de Arousa | 274 | 299 | -193 |
A Lama | 154 | 167 | 13 |
Marín | 1.581 | 1.629 | -48 |
Meaño | 283 | 340 | -57 |
Meis | 305 | 326 | -21 |
Moraña | 295 | 317 | -22 |
Poio | 1.022 | 1.119 | -97 |
Ponte Caldelas | 477 | 498 | -21 |
Portas | 197 | 199 | -2 |
Ribadumia | 303 | 345 | -42 |
Sanxenxo | 836 | 1.076 | -240 |
Vilaboa | 401 | 424 | -23 |
Vilagarcía de Arousa | 3.320 | 3.525 | -205 |
Vilanova de Arousa | 731 | 823 | -92 |