O paro baixa en marzo en 105 persoas na cidade de Pontevedra

Pontevedra
03 de abril 2018

O número de persoas demandantes de emprego reduciuse durante o mes de marzo na provincia de Pontevedra, do mesmo xeito que na media de España e Galicia, animada polo emprego estacional do sector servizos durante a Semana Santa. En todo o territorio a redución foi superior ao 1% 

Traballador nunha obra da cidade
Traballador nunha obra da cidade / Mónica Patxot

O número de persoas desempregadas rexistradas na cidade de Pontevedra no mes de marzo é de 6.198, unha cifra que supón un descenso do paro con respecto ao mes anterior de 105 persoas.

O paro reduciuse na maioría dos municipios da provincia.

Xunto ao dato da capital da provincia son igualmente significativos os descensos no número de desempregados vividos nos concello de Sanxenxo, con 127 desempregados menos e O Grove, con 139.

    Febreiro      Marzo   Variación 
Pontevedra6.3036.198-105
Barro307300-7
Bueu829809-20
Caldas de Reis805784-21
Cambados1.1751.157-28
Campo Lameiro145141-4
Cerdedo-Cotobade402398-4
Cuntis3353350
O Grove1.070931-139
A Illa de Arousa3533530
A Lama1881880
Marín1.7871.734-53
Meaño421391-30
Meis398375-23
Moraña359332-27
Poio1.1761.143-33
Ponte Caldelas529515-14
Portas236227-9
Ribadumia3663660
Sanxenxo1.2921.165-127
Vilaboa443442-1
Vilagarcía de Arousa3.7133.708-5
Vilanova de Arousa     8438529

 

DATOS PROVINCIAIS

O número de persoas demandantes de emprego reduciuse durante o mes de marzo en Pontevedra, do mesmo xeito que na media de España e Galicia, animada polo emprego estacional do sector servizos durante a Semana Santa. En todo o territorio a redución foi superior ao 1% e na provincia pontevedresa chegou ás 1.348 persoas, un 1,80% menos. 

As estatísticas facilitadas este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social mostran que a provincia terminou o mes cun total de 73.610 persoas paradas rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego.

A redución do número de demandantes de emprego implica que ao 31 de marzo había 10.784 parados menos que un ano antes, unha redución do 12,78%. 

A redución é unha tendencia rexistrada en toda a comunidade autónoma. En Galicia marzo tivo un descenso do 1,65% dos desempregados, con 185.103 demandantes de emprego, 3.104 menos que un mes antes. 

En España, o paro baixou en marzo en 47.697 desempregados respecto ao mes anterior, unha redución porcentual do 1,4%. En total, ao 31 de marzo había 3.422.551 desempregados, o seu nivel máis baixo do últimos nove anos. Con esta baixada de marzo, encadéanse seis meses de retrocesos consecutivos.

Arquivado en