O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou o paro rexistrado nas oficinas dos servizos públicos de emprego, que mostran que en 2022 se rexistrou en Galicia unha baixada de 10.362 persoas nas listas de desemprego, o que supón unha -6,79% fronte ao -8,6% da media.
O total de persoas desempregadas na comunidade de Galicia sitúase en 142.222, que son 536 menos que en novembro, datos que reflicten un descenso intermensual do 0,38%, de novembro a decembro.
No conxunto de España, o paro baixou tamén nunha cifra de 268.252 persoas (-8,6%), ata un total de 2.837.635 desempregados, a menor cifra rexistrada desde o ano 2007.
En total, o paro baixou en 43.727 persoas en decembro de 2022. A cifra do paro sitúase en 2.837.653 persoas. O número de mocidade atópase en 195.751 desempregados. En canto ao paro feminino cae en 37.411 ata un total de 1.690.148 mulleres sen emprego nas listaxes.
DATOS NA PROVINCIA
Nas provincias galegas, o paro baixou minimamente en relación a novembro de 2022. Pontevedra conclúe o ano con 55.165 desempregados, cunha baixa dun 0,54%, o que supón que 301 persoas abandonaron a listaxe de desemprego respecto ao mes anterior.
23.122 dos parados son homes mentres que 32.043 son mulleres. Un total de 2.033 desempregados pertencen á categoría de menores de 25 anos na provincia.
Os datos recollidos polo Servizo Público de Emprego Estatal reflicen que o sector servizos é onde continúa rexistrándose un maior número de parados con 39.297; segudo a notable distancia por industria, con 6.333 desempregados.
Na comparativa interanual, a provincia de Pontevedra ofrece o resultado da maior caída en Galicia, cun 8,21%% de parados menos en relación co mes de decembro do ano anterior.