Un total de 124 pontevedreses abandonaron as listas de desemprego na cidade de Pontevedra durante o pasado mes de abril, segundo os datos que publicou este mércores a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Así, o número de parados sitúase en 7.411, un 1,64% menos no mes anterior.
Seguindo esta mesma tendencia, gran parte dos municipios pontevedreses experimentaron unha evolución positiva en abril. Tan só Sanxenxo, Cambados, Meaño e Cotobade foron os concellos onde subiu de forma notable o número de demandantes de emprego con respecto a abril.
Abril 2016 | Marzo 2016 | Variación | |
Pontevedra | 7.411 | 7.535 | -124 |
Barro | 380 | 406 | -26 |
Bueu | 1.000 | 999 | 1 |
Caldas de Reis | 1.036 | 1.050 | -14 |
Cambados | 1.472 | 1.458 | 14 |
Campo Lameiro | 180 | 184 | -4 |
Cotobade | 404 | 416 | 12 |
Cuntis | 466 | 495 | -29 |
O Grove | 1.075 | 1.068 | 7 |
A Illa de Arousa | 398 | 449 | -51 |
A Lama | 237 | 244 | -7 |
Marín | 2.215 | 2.233 | -18 |
Meaño | 529 | 506 | 13 |
Meis | 491 | 503 | -12 |
Moraña | 483 | 488 | -5 |
Poio | 1.428 | 1.427 | 1 |
Ponte Caldelas | 658 | 674 | -16 |
Portas | 305 | 309 | ´4 |
Ribadumia | 481 | 490 | -9 |
Sanxenxo | 1.443 | 1.412 | 31 |
Vilaboa | 542 | 533 | 9 |
Vilagarcía de Arousa | 4.334 | 4.407 | -73 |
Vilanova de Arousa | 1.076 | 1.098 | -22 |
DATOS PROVINCIAIS
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou na provincia de Pontevedra en 1.429 desempregados menos.
En Galicia o paro baixou en 3.644 persoas en abril respecto de marzo, ata un total de 228.153, segundo os datos que publica este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Desta forma, o descenso intermensual na comunidade galega foi do 1,57%, algo inferior ao 2,04% da media estatal, onde os desempregados diminuíron en 83.599 persoas. En relación con abril de 2015, na comunidade hai 16.608 parados menos, o que representa unha caída interanual do 6,79%.
Os bos datos galegos van parellos aos estatais: no conxunto español a cifra de desempregados viuse diminuída en 83.599 persoas.