Abril foi un mes positivo para o número de desempregados na cidade de Pontevedra. Un total de 203 persoas abandonaron as listas de demandantes de emprego, segundo os datos que desvelou este xoves a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, 6.655 pontevedreses están actualmente sen emprego, un 2,91% menos que en marzo.
O descenso nos datos do paro é xeneralizado en todos os municipios da provincia. Con todo, aínda é moito máis acusado nos concellos cunha maior vertente turística como O Grove, Sanxenxo, Cambados, Marín ou Poio.
Abril | Marzo | Variación | |
Pontevedra | 6.655 | 6.858 | -203 |
Barro | 337 | 357 | -20 |
Bueu | 922 | 955 | -33 |
Caldas de Reis | 870 | 903 | -33 |
Cambados | 1.208 | 1.320 | -112 |
Campo Lameiro | 152 | 159 | -7 |
Cerdedo-Cotobade | 448 | 470 | -22 |
Cuntis | 384 | 396 | -12 |
O Grove | 910 | 1.119 | -209 |
A Illa de Arousa | 366 | 382 | -16 |
A Lama | 205 | 207 | -2 |
Marín | 1.910 | 1.994 | -84 |
Meaño | 430 | 491 | -61 |
Meis | 389 | 404 | -15 |
Moraña | 421 | 433 | -12 |
Poio | 1.242 | 1.319 | -77 |
Ponte Caldelas | 597 | 616 | -19 |
Portas | 238 | 259 | -21 |
Ribadumia | 379 | 416 | -37 |
Sanxenxo | 1.211 | 1.370 | -159 |
Vilaboa | 489 | 505 | -16 |
Vilagarcía de Arousa | 3.960 | 4.132 | -172 |
Vilanova de Arousa | 920 | 969 | -49 |
DATOS PROVINCIAIS
O paro rexistrado caeu en 3.009 persoas no pasado mes de abril na provincia de Pontevedra. Segundo informou este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social na provincia hai un total de 81.385 persoas inscritas como demandantes de emprego.
Este dato supón un descenso do 3,57% respecto ao mes anterior.
En termos interanuais, o paro rexistrou tamén un descenso de 9.500 persoas respecto ao mes de abril do pasado ano. Isto é unha baixada do 10,45%.
GALICIA
O paro baixou no mes de abril en Galicia en 5.427 persoas ata os 204.629 desempregados.
Isto supón un descenso do 2,58% respecto ao mes anterior.
En comparación con hai un ano, a comunidade galega conta con 23.524 desempregados menos (10,31%).
MAIOR CAIDA MENSUAL DA HISTORIA
En canto ao conxunto do Estado, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en abril en 129.281 desempregados respecto ao mes anterior.
Segundo informou este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, trátase do maior descenso mensual en calquera mes dentro da serie histórica, un 3,5% menos.
O volume total de parados alcanzou a finais de abril, mes no que este ano se celebrou a Semana Santa, a cifra de 3.573.036 desempregados, o seu nivel máis baixo desde xullo de 2009.