Os recentemente aprobados Orzamentos Xerais do Estado para 2021 contemplan un partida de algo máis de nove millóns de euros para rehabilitar o edificio que ocupaba a Axencia Tributaria na praza da Ferrería, co obxecto de que se converta nunha nova sede para o Arquivo Histórico Provincial. Agora, o Parlamento galego ha aprobado unha proposición non de leisolicitando ao Goberno que ese inmoble albergue tamén a Biblioteca Pública Antonio Odriozola.
Esta proposición era aprobada cos votos favorables do grupo do PPdG, do PSdeG-PSOE mediante transacción; e a abstención do BNG. A deputada popular Lupe Murillo expoñía que "este espazo reúne todas as condicións para albergar tanto a sede da Biblioteca como a do Arquivo e dá solución ás serias deficiencias que arrastran nos seus actuais emprazamentos".
No caso do Arquivo Histórico Provincial continúa prestando os seus servizos no inmoble do Paseo de Colón e en canto á Biblioteca Pública do Estado Antonio Odriozola na rúa Alfonso XIII. “As instalacións da Biblioteca son deficitarias e non están adecuadas para a prestación dun servizo de calidade, xa que o actual edificio, procedente dunha antiga cocheira de autobuses remodelada en 1987, non está á altura das necesidades da cidade de Pontevedra".