O Palacete das Mendoza acolle a oficina municipal de información turística de Pontevedra

Pontevedra
10 de abril 2017

A partir deste martes 11 de abril, o Palacete das Mendoza integrará a oficina de turismo municipal que, ata o de agora, estaba na Casa da Luz. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou unha resolución para poñer en marcha esta unificación e posteriormente a Xunta de Goberno do Concello tomou conta do convenio entre ambas administracións

Fachada principal do palacete das Mendoza
Fachada principal do palacete das Mendoza / PontevedraViva

A partir deste martes 11 de abril, o Palacete das Mendoza integrará a oficina de turismo municipal que, ata o de agora, estaba na Casa da Luz. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou unha resolución para poñer en marcha esta unificación e posteriormente a Xunta de Goberno do Concello tomou conta do convenio entre ambas administracións.

Grazas a este ditame concentrarase toda a información turística dirixida ás persoas que visitan a capital da provincia, mellorando a atención dos visitantes. Ambas partes agardan integrar tamén nun futuro a oficina que a Xunta ten na rúa Marquesa.

Durante esta tarde, o Concello comezou o traslado da oficina municipal ao palacete e este martes o seu personal xa traballará neste inmoble.

Con este cambio, o obxectivo da Deputación de Pontevedra é seguir progresando para impulsar e modernizar o sector turístico pontevedrés. Ademais da centralización da información turística, tamén fomentan medidas para optimizar os recursos públicos. Por unha banda é a primeira oficina de Galicia en obter a Q de calidade e tamén contan co distintivo do SICTED.

Para levar a cabo esta xuntanza de espazos, a Deputación e o Concello de Pontevedra decidiron tamén suprimir a caseta de información de Vialia e a que estaba situada en Montero Ríos. Carmela Silva manifestou que Pontevedra contará cun único punto de atención global para informar as persoas que queiran coñecer a cidade.

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baíxas, estará aberto de luns a venres de 9:00 a 20:00 horas, os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, os domingos de 10:00 a 14:00 horas.