O 'novo príncipe de Sevilla' debuta hoxe en Pontevedra

Pontevedra
10 de agosto 2019

Diego Ventura, David Fandila 'El Fandi' e Pablo Augado. Tres formas de concibir e executar o toureo son as que ofrece o primeiro festexo mixto da Feira Taurina da Peregrina para este sábado 10 de agosto. Completan cartel touros de Cortes de Moura e Lola Domecq

Pablo Aguado Lucena debuta este sábado en Pontevedra
Pablo Aguado Lucena debuta este sábado en Pontevedra

O primeiro dos festexos do abono da Feira Taurina da Peregrina trae un debut. Unha primeira vez que esta tempada está a repetirse en sucesivas feiras españolas tras o dez de maio. Ese día en Sevilla, un mozo matador da mesma capital facía historia: catro orellas e Porta do Príncipe. O seu nome, Pablo Aguado. Tomaba a alternativa en setembro de 2017, case rematando ciclo.  O pasado 2018, duro na faceta persoal, foi discreto en canto a número de corridas participadas, pero deixou a súa advertencia nas Ventas e A Maestranza. Tras aquela gloriosa tarde deste 2019, o novo 'príncipe de Sevilla' como lle pasaron a chamar, conduce á afección ata as prazas para confirmar en primeira persoa, que aquilo que oíron, leron ou viron, era como se conta.

Aguado vén a Pontevedra "con ganas de ver que o que se conta desta afección é así, unha afición moi tourerista e con moito agarimo cos toureiros porque iso da moita confianza a un toureiro". Falaba desa motivación que lle trae este sábado 10 de agosto ao coso de San Roque en PontevedraViva Radio, onde tamén lembrou o coñecemento que ten do ferro ao que se enfrontará: El Torero de Lola Domecq. "Tiven ocasión de tentar moitas veces alí e ademais en Morón de la Frontera - este ano - conseguín  indultar un dos seus touros", lembrou.

Nesta ocasión comparte cartel, no toureo a pé, cun destro perfectamente coñecido polo público pontevedrés, David Fandila 'El Fandi'. O matador volve á capital das Rías Baixas despois de que na pasada feira cortase unha orella noutro festexo mixto. O granadino coñece sobradamente a resposta do público pontevedrés e este os seus quefaceres no oficio.Para completar a tarde, os touros de Doña Guiomar Cortes de Moura serán para o rexoneadorDiego Ventura, que repite na Feira desde 2012 ininterrompidamente. Na pasada edición saía da praza pontevedresa aos ombreiros tras cortar catro orellas. 

Fundación Toro de Lidia

Por primeiro ano, a Fundación Toro de Lidia ( FTL), sortea entre todos os seus asociados dúas entradas para cada un dos dous festexos da Peregrina. Os dous afortunados son Pepe Mazuecos e Vitoria Perucho que chegaron a Pontevedra desde Alcázar de San Juan, Ciudad Real. Ambos coñecían varios enclaves das Rías Baixas, pero é a primeira ocasión na que acudan á praza; de feito, xa o facían este pasado venres para retirar as súas localidades na caseta que o Capítulo de Pontevedra da  FTL instala no coso San Roque.