O novo informe non resolve, segundo o PSOE, o "escándalo" do concurso da auga

Pontevedra
18 de marzo 2018

O segundo informe de valoración das ofertas presentadas polas empresas ao concurso da auga constata, segundo os socialistas, o "escándalo" no que se converteu a licitación do novo contrato. Entenden que nel se manteñen numerosas "incoherencias"

Agustín Fernández, Iván Puentes e Paloma Castro, no pleno municipal
Agustín Fernández, Iván Puentes e Paloma Castro, no pleno municipal / Mónica Patxot

O segundo informe de valoración das ofertas presentadas polas empresas ao concurso da auga constata, segundo os socialistas, o "escándalo" no que se converteu a licitación do novo contrato. Entenden que nel se manteñen numerosas "incoherencias".

O voceiro do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, reitera que a empresa contratada polo BNG para facer estas valoracións queda "descualificada" a tenor dos cambios que ela mesma fai ao seu propio informe.

"Da noite á mañá atopámonos con que se varían puntuacións con respecto ao primeiro informe e non só para corrixir erros aritméticos. Isto é inadmisible", denuncia Fernández.

Todo o proceso, engadiu, "é máis propio dun vodevil" que dun proceso de adxudicación dunha concesión tan importante e que se ten convertido, denuncian os socialistas, nunha "chapuza teledirixida".

Os socialistas seguen a botar de menos que se analice a funcionalidade e a aplicación práctica das propostas, xa que "parece que ofertando máis de todo xa é suficiente para gañar o concurso sen analizar outras variables".

Fernández reitera que o único que se consegue co método elixido pola asistencia técnica  é, por un lado, "beneficiar a unha oferta en concreto" e por outro lado, "encarecer o custe do servizo que imos a pagar todos os pontevedreses".

Arquivado en