O novo albergue 'San Javier' de Cáritas abre as súas portas

Pontevedra
10 de xuño 2023

Este sábado celebrouse a inauguración deste centro, que será unha referencia de axuda a persoas en situación de risco e exclusión co aumento a 27 o número de prazas dispoñibles para pasar a noite (sete están destinadas a mulleres), así como unha atención integral e personalizada.

Inauguración do Albergue 'San Javier' de Pontevedra
Inauguración do Albergue 'San Javier' de Pontevedra / Cristina Saiz

O Albergue 'San Javier' de Cáritas en Pontevedra, que substitúe o antigo situado en Monte Porreiro, xa é unha realidade. Este sábado celebrouse a inauguración deste centro, que será unha referencia de axuda a persoas en situación de risco e exclusión co aumento a 27 o número de prazas dispoñibles para pasar a noite, así como unha atención integral e personalizada.

O acto foi presidido polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, que indicou que esta inauguración "quere ser unha forma de visibilizar unha preocupación e un compromiso que dignifique a vida das persoas que viven sen fogar", insistindo en que "é unha chamada á sociedade para que ninguén sen fogar sexa unha realidade".

"Vivir sen fogar é unha das exclusións máis duras que pode sufrir unha persoa e afecta á propia saúde mental", sinalou o arcebispo, que recordou que Cáritas na súa campaña 'Ninguén sen fogar, ninguén fóra de cobertura', denuncia que hai demasiadas persoas "desconectadas da máis elemental dignidade".

De feito, este albergue "é luminoso para poñer luz á oscuridade" de estas persoas que non teñen fogar e encóntranse cunha "falta de oportunidades" maior que o resto. Por ese motivo "non podemos permanecer como meros espectadores, senón que estamos chamados ser a parte activa na rehabilitación e auxilio das sociedades feridas. A nosa caridade no pode ser meramente paliativa, entre todos tenemos que sanar as feridas e que nadie se quede ao bordo da vida", explicou.

Pola súa banda, o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, en representación da Xunta de Galicia, destacou a importancia deste novo centro, que ten como novidade a creación dunha zona adaptada a mulleres, e da necesidade de "traballar desde as instituciones" porque "somos as responsables de que as persoas poidan desenvolver un proxecto coa maior dignidade posible".

Parrado incidiu na importancia de visibilizar ás persoas en exclusión social e poñerlles cara e de comprometerse para "seguir traballando xuntos financiando e contribuíndo para o funcionamento de centros e actividades orientadas á inserción social e laboral".

O albergue está situado na rúa Joaquín Costa, no centro da cidade, sendo o único recurso destas características de atención nocturna para persoas sen fogar. É obra do arquitecto Mauro Lomba Martínez.

A rehabilitación do edificio pasou por varias etapas na liña do Plan de Atención a Persoas sen Fogar en Galicia (2019-2023) para cubrir as necesidades fundamentales deste colectivo, aumentando a capacidade das camas ás 27 prazas, con mellora da usabilidade e accesibilidade.

Na primeira fase, cunha construción de 550 metros cadrados, dotaron o edficio de aulas para talleres de formación e de servizos de lavandería de roupa e aseo personal para persoas que non queren pasar a noite nas súas instalacións. Tamén melloraron as dependencias administrativas onde se realiza a acollida de persoas e a atención de demandas para a cobertura de necesidades básicas.

O edificio ten planta en forma de 'U', cun patio central que conecta coa parcela posterior e unhas escaleiras e ascensor que comunican coa primeira planta onde se ubica o albergue.

Na planta baixa está a administración, os despachos, voluntariado, recepción, punto de calor e café, comedor común, aulas formativas, almacén, duchas, baños, lavandería e un roupeiro. Incorpora unha galería de distribución acristalada con estrutura de madeira que comunica co patio axardinado, con bancadas e rampla.

A planta superior é o albergue de curta e longa estancia onde están os dormitorios masculinos e femininos en extremos opostos pero compartindo un salón social, comedor e despensa. O acondicionamento para homes consta de 5 habitaciones abertas de tres camas cada unha, unha zona de aseo común e con capacidade para 20 usuarios utilizando literas. A novidade é a zona destinada a mulleres, inexistente ata o momento na cidade e que posibilita a pernoctación de sete mulleres e ten a correspondente zona de aseo.