Os ecos do comité federal do PSOE, no que os socialistas acordaron a súa abstención para facilitar a investidura de Mariano Rajoy como presidente do Goberno, chegaron este luns ao pleno da corporación municipal de Pontevedra.
Foi a través dunha cartolina que a concelleira socialista Paloma Castro decidiu colocar na bancada que ocupan os tres edís do seu partido.
Nela podíanse ler os tres lemas que os partidarios do ex secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, decidiron impulsar nas últimas horas: "Non é Non", "Eu con Pedro" e "Congreso e primarias XA".
Aínda que se trata dunha decisión persoal de Paloma Castro, os outros dous edís do PSdeG na cidade de Pontevedra, Agustín Fernández e Iván Puentes, asumiron esta mesma reivindicación.
Dáse a circunstancia de que a agrupación municipal é unha das que máis activas mostráronse nas últimas semanas en contra da posibilidade de que o PSOE puidese facilitar a investidura de Rajoy.