Embelecer a contorna do Campiño de Santa María. Ese é obxectivo da actuación que está a desenvolver o servizo municipal de Parques e Xardíns no noiro que dá cara a Arcebispo Malvar.
Os operarios comezaron a axardinar todo este noiro, colocando nel plantas "tapizantes", segundo explica o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes.
En concreto, o Concello optou por plantar en todo este espazo agapantos, una planta tamén coñecida como lirio africano.
A elección desta planta, destaca o concelleiro responsable de Medio Natural, débese a que "nos permitirá reducir as esixencias de mantemento" desta zona axardinada.
Ademais, contan con flores de gran beleza que adornarán todo este ámbito urbano na primavera e no verán, xa que adoitan florecer entre os meses de maio a setembro.