O espírito do Nadal chegou para quedar a Sanxenxo, que acendeu este venres a súa iluminación para estas datas.
Fíxoo ademais nunha animada xornada, con festa incluída na Praza de Pascual Veiga con música e animación, e na que Entretendas Centro Comercial Urbano, en colaboración co Concello, repartiu 600 gorros de Papá Noel.
Un tren na Praza dos Barcos, un balancín na Praza Méndez Núñez ou un Belén na oficina de turismo son algúns dos puntos destacados da decoración.
A todo iso súmase o 'Ice park' con pista de xeo, pista americana e postos de comida instalado no aparcadoiro de Nauta para que pequenos e adultos gocen da época máis especial do ano.