O Museo organiza obradoiros para amenizar a Feira Franca

Pontevedra
29 de agosto 2013

O Museo de Pontevedra súmase á celebración da Feira Franca  a través de diferentes propostas dirixidas fundamentalmente ao público infantil. Dende o luns 2 de setembro ata o sábado 7 se desenvolverán unha serie de talleres impartidos por Pepa Cuentera, mariscadora de contos; así como actividades levadas a cabo polo gabinete didáctico do Museo

O Museo de Pontevedra súmase á celebración da Feira Franca  a través de diferentes propostas dirixidas fundamentalmente ao público infantil. Dende o luns 2 de setembro ata o sábado 7 se desenvolverán unha serie de talleres impartidos por Pepa Cuentera, mariscadora de contos; así como actividades levadas a cabo polo gabinete didáctico do Museo.

PROGRAMACIÿN

  • Contos medievais: están dirixidos a nenos e nenas con idade máxima de 12 anos, e desenvolveranse o 2 de setembro en horario de 11 a 12 horas, e de 12.30 a 13.30. A través deles farase unha homenaxe a trobadores e xograres da Idade Media que levaban as historias e sucesos de un pobo ao outro informando e entretendo ás súas xentes, e transmitindo a tradición literaria e cultural a pequenos e maiores.
  • Taller de moedas de xenxibre: o 2 de setembro, rapaces e rapazas elaborarán a decoración de galletas de xenxibre con produtos de pastelería adaptados á época.
  • Taller de decoración de servilletas de algodón. Durante a xornada do 3 de setembro, os mozos personalizarán as servilletas co seu nome e escudo; así coñecerán a peculiar historia de este utensilio inventado por Leonardo Da Vinci. Ao final de ambas actividades os pequenos artesáns recibirán un libro de agasallo.
  • Taller de "ex libris" e marcapáxinas. 5 de setembro: Neste taller os participantes se achegarán á historia da imprenta realizando un marcapáxinas e un ex libris.
  • Taller "Poñamos unha mesa na Idade Media": 6 de setembro, en dous quendas de 11 a 12 horas e de 12.30 a 13.30, con 15 participantes por quenda comprendidos en idades de 7 a 12 anos. Os rapaces e rapazas aprenderán a poñer a mesa realizando un mantel  revivindo os grandes banquetes medievais.

 

Para estes 4 talleres haberá que inscribirse a través do teléfono 986 804 100 extensión 42436; os participantes, poderán anotarse en dous dos catro talleres impartidos para dar cabida o maior número de participantes. Todos eles se realizarán no Sexto Edificio do Museo.

Arquivado en