Os traballos para crear un gran mural que lembre a María Victoria Moreno en Pontevedra atópanse xa moi avanzados.
Nos últimos días, Tania Solla -autora das ilustracións nunha recente biografía da profesora e escritora homenaxeada no último Día das Letras Galegas- viu plasmado o seu deseño nun muro situado en Eduardo Pondal, nas inmediacións da ponte da avenida de Vigo.
Fíxose con axuda dunhas estadas colocadas para poder debuxar o mural, que ten unhas grandes dimensións e ocupa case todo o muro.
Agora, o colectivo Polo Correo do Vento, formado por Carlos Taboada e Kike Mauricio, son os encargados de executar esta intervención artística.
A intención do Concello de Pontevedra, impulsor desta iniciativa, é inaugurar o mural cun acto aberto ao público co que poñer o colofón á programación que, ao longo deste ano, dedicouse a María Victoria Moreno na cidade.