O mural de Isa Bermúdez no parque Costa Xiráldez vai tomando forma

Poio
26 de xullo 2024

Bermúdez, nacida en Alemaña e residente en Carballo, representa con esta obra, que está dividida en seccións, unha historia na que unha rapaza busca unha lagoa non contaminada para devolver ao seu amigo peixe á casa

Isa Bermúdez pintando o seu mural en Costa Xiráldez
Isa Bermúdez pintando o seu mural en Costa Xiráldez / Concello de Poio

A artista Isa Bermúdez xa traballa no muro do parque Costa Xiráldez, en Lourido, para ilustralo coa súa obra A viaxe, proposta gañadora no concurso de murais People & Planet, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Bermúdez, nacida en Alemaña e residente en Carballo, representa con esta obra, que está dividida en seccións, unha historia na que unha rapaza busca unha lagoa non contaminada para devolver ao seu amigo peixe á casa. 

A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, destaca que resulta "moi interesante" e é unha oportunidade para recuperar este espazo a través da arte.

Este traballo, engadiu a edil, "encaixa á perfección" con toda a contorna do parque, un enclave natural con zona de ocio e estanque, no que os patos e os peixes son protagonistas.