O Moinante reivindica o Lerexit antes do seu enterro

Pontevedra
28 de febreiro 2017

Como cada ano, a parroquia de Lérez prepárase para despedir a un dos seus habitantes ilustres: o Moinante. Será co tradicional enterro, previsto para este mércores 1 de marzo, a partir das cinco de tarde, na Casa da Cultura. Pero nesta ocasión, aproveitou as súas últimas horas de vida para reclamar o seu propio proceso de independencia, o Lerexit

Presentación do Moinante do Entroido de 2017
Presentación do Moinante do Entroido de 2017 / PontevedraViva

Como cada ano, a parroquia de Lérez prepárase para despedir a un dos seus habitantes ilustres: o Moinante. Será co tradicional enterro, previsto para este mércores 1 de marzo, a partir das cinco de tarde, na Casa da Cultura.

Pero nesta ocasión, aproveitou as súas últimas horas de vida para reclamar o seu propio proceso de independencia, o Lerexit.

Inspirado pola saída dos británicos da Unión Europa, pola aspiracións dos cataláns de deixar España e pola teima de Donald Trump de facer un muro que o separe de México, o Moinante deixo por escrito antes de finar que quere iniciar o proceso de desconexión de Pontevedra.

Así, a parroquia asegura estar poñendo en marcha a facenda lerezá, xa formaron os primeiros Mossos das Leiras, o seu propio corpo de seguridade; e planean a construción dun muro na ponte do Burgo, que pagarán os de Pontevedra para evitar que as hordas capitaneadas por Ravachol e o rei Urco invadan a parroquia.

Tamén advirten de que van poñer en circulación a nova moeda que será acuñada polo banco do Peilán e que pasará a denominarse o moina e que terá paridade co euro.

Por iso, os veciños chaman a acudir ao enterro do Moinante, pero non con tristeza porque todos os seus desexos están a piques de cumprirse.

Como acabará esta historia? Para comprobalo, achegádevos a Lérez este mércores!

Arquivado en