O modelo de xestión do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro recibe críticas positivas de expertos europeos

Umia
02 de outubro 2016

O xerente do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), César Abella Vázquez da empresa TRIVIUM, foi convidado pola Université Paris-Sorbonne a presentar na relatorio no Congreso sobre a Gobernanza Turística dos Itinerarios Culturais, Cooperación, Creatividade e Innovación

Exposición permanente no recinto do Parque Arqueolóxico
Exposición permanente no recinto do Parque Arqueolóxico

O xerente do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), César Abella Vázquez da empresa TRIVIUM, foi convidado pola Université Paris-Sorbonne a presentar un relatorio no Congreso sobre a Gobernanza Turística dos Itinerarios Culturais, Cooperación, Creatividade e Innovación. Unha actividade enmarcada dentro do proxecto HECTOR, financiado pola Comisión Europea no marco do programa Erasmus+ e organizado polas universidades de EIREST (Université de Paris 1 Panthéon-Sorbonne), CAST ( Università di Bologna - Campus Rimini) e do Instituto Europeo de Itinerarios Culturais - Consello de Europa.

A comunicación, que recibiu críticas positivas por parte dos expertos europeos, tivo como idea principal mostrar o deseño e implementación do novo modelo de xestión turística e cultural do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un espazo arqueolóxico integrado dentro do Itinerario Cultural Europeo de Camiños de Arte Rupestre (CARP) desde o ano 2015.

O novo programa de acción ten por finalidade aumentar tanto o número total de visitantes, como o seu grao de satisfacción e de calidade na visita. Para iso, puxéronse en marcha diversos programas en relación á colaboración e activación da poboación local; o deseño e comercialización de novos produtos turísticos; nova estratexia comunicativa; o deseño e comercialización de actividades para público escolar e familiar; e a colaboración conxunta con universidades na organización de programas formativos para especialistas e público non iniciado.

Un traballo que xa está a dar froito en diferentes segmentos do público que visitan o Parque, especialmente o escolar e familiar.

Arquivado en