O ministro do Interior chama en Pontevedra a "hacer frente a cualquier discurso negacionista"

Pontevedra
24 de novembro 2022

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, fixo este chamamento durante o seu discurso de clausura na Deputación de Pontevedra dun acto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres  

Grande-Marlaska na Deputación de Pontevedra
Grande-Marlaska na Deputación de Pontevedra / Mónica Patxot

O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, fixo un chamamento a "hacer frente a cualquier discurso negacionista" durante o seu discurso de clausura na Deputación de Pontevedra dun acto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

"No nos podemos permitir como sociedad esos discursos negacionistas que inciden tan negativamente en la lucha por la igualdad real y efectiva", afirmou.

Grande-Marlaska sinalou que desde que entrou en funcionamento no ano 2007 o sistema VIOGEN, de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, abríronse máis de 750.000 casos, deuse protección a máis de 600.000 vítimas e fixéronse máis de cinco millóns e medio de valoracións por parte da UFAM, da Policía Nacional e a EMUME, da Garda Civil.

Grande-Marlaska enxalzou o "papel fundamental" que teñen as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado na protección das vítimas de violencia de xénero, e destacou que fronte a unha das "vergüenzas que todavía hoy nos ofende en lo más profundo como seres humanos", hai 26.000 axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e outros 14.000 servidores públicos que forman parte "de esa primera línea de defensa de las mujeres". 

"Somos un país que nos podemos sentir razonablemente satisfechos de cómo afrontamos y respondemos a una de las principales lacras que tenemos como sociedad, si no es la principal: la violencia contra la mujer por el hecho de ser mujer", declarou o ministro. 

Grande-Marlaska lembrou que o sistema Viogén é "un referente a nivel internacional" na loita contra a violencia de xénero.

En todo caso apuntou que "nada de autocompracencias" porque "estamos hablando de una cuestión que es la primera brecha de la igualdad efectiva entre el hombre y la mujer, estamos hablando de derechos humanos".

O responsable do Ministerio do Interior quixo dar protagonismo nesta xornada aos membros das Forzas de Seguridade que traballan día a día coas vítimas de violencia de xénero porque, como sinalou, a súa experiencia "nos debe guiar para avanzar en la adopción de nuevas medidas que haga más efectiva esa protección".

Ademais, o ministro recoñeceu a necesidade de abordar programas para "coidar" aos que están nesa "primera línea de batalla", e con ese obxectivo, iniciáronse os cursos "activando a resiliencia" cos que "queremos formar a los agentes policiales en el manejo de estas situaciones de fuerte presión emocional para que no os convirtáis, vosotros también, en víctimas".

A esta xornada organizada polo Ministerio do Interior asistiron o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, os directores xerais de Policía Nacional e Garda Civil, Francisco Pardo e María Gámez, respectivamente, os subdelegados do Goberno nas catro provincias galegas, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o secretario xeral de Institucións Penais, Ángel Luís Ortiz, entre outras autoridades.

Máis de 130 axentes procedentes de Policía Nacional, Garda Civil e policías locais asistiron á xornada na que, ademais da mesa redonda, celebrouse unha conferencia na que se abordou os novos instrumentos legais e científicos contra a violencia de xénero.

 

 

Arquivado en