Os técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro alertan aos agricultores da presenza de infeccións de mildeu e de escaravello nas plantacións de pataca.
A humidade foliar nocturna que se rexistra durante esta época do ano implica, segundo os especialistas, que xurdan condicións favorables ás infeccións, polo que recomendan que se protexa á planta con tratamentos respectando o prazo de seguridade antes da recollida.
En canto aos escaravellos, detectouse a súa presenza en plantas que aínda están a medrar e nas que causan importantes danos. Neste caso se recomienta actuar tendo en conta as condicións climáticas.
Tamén sinalan que no buxo están a observarse danos nalgunhas zonas ante a presenza da bolboreta que xa afectou os xardíns da provincia entre abril e maio deste ano. Agora comprobouse a presenza das primeiras larvas da segunda xeración deste fitófago que causa notables danos.
En relación coa viña, polo momento os técnicos do organismo pertencente á deputación provincial afirman que a presenza de mildeu apenas alcanza ao 3% dos acios, cunha superficie afectada de ao redor dun quinto do total de espazos con viñas.
Desde a Estación Fitopatolóxica recomendan que se realicen traballos que faciliten a aireación das uvas, a través de rozas. Ademais, aconséllase renovar os tratamentos confirmando sempre a eficacia destas aplicacións.