O mercadiño de Carballedo amplía as súas datas de celebración

Cerdedo-Cotobade
22 de febreiro 2024

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e os vendedores ambulantes decidiron ampliar as datas de celebración do tradicional mercadiño de Carballedo, que pasará agora a desenvolverse o segundo domingo e o cuarto venres de cada mes

Mercadillo de Carballedo
Mercadillo de Carballedo

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e os vendedores ambulantes decidiron ampliar as datas de celebración do tradicional mercadiño de Carballedo, que pasará agora a desenvolverse o segundo domingo e o cuarto venres de cada mes.

Esta ampliación responde á petición feita pola veciñanza e polos propios vendedores que ven como o éxito das últimas edicións e o aumento sostido da afluencia da clientela xustifican esta modificación das datas.

Este mercadillo de Carballedo conta con máis dunha vintena de postos de produtos de alimentación, roupa, calzado, menaxe, fogar, trebellos e artesanía, así como a presenza de polbeiría como oferta gastronómica. 

Deste xeito, o mercadiño de Carballedo, establecido no mes de xullo de 2016 e cunha clientela media estimada dunhas 400 persoas por cada edición, verá agora ampliada a súa frecuencia e servirá como elemento de dinamización económica da zona polo importante movemento de persoas que provoda a súa celebración.

O alcalde manifestou que "se nota que hai un movemento importante de persoas e un fluxo económico sustancial que permiten garantir no tempo unha ampliación de datas para desenvolver esta actividade mercantil ambulante".