O material extraído das escavacións do Gran Montecelo rechea unha canteira na Ermida

Pontevedra
22 de xaneiro 2022

Un total de 225.000 metros cúbicos de terras e pedras limpas serán aproveitados para o recheo da explotación, a súa integración paisaxística e a recuperación do uso forestal

Recheo co material extraído das escavacións do Gran Montecelo
Recheo co material extraído das escavacións do Gran Montecelo / Xunta de Galicia

A Xunta destinará o material extraído das escavacións do Hospital Gran Montecelo, en Pontevedra, ao recheo dunha canteira na Ermida.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade fixo coincidir os traballos de escavación coa recuperación de terreos dunha canteira próxima que quedara en desuso.

De modo máis detallado, uns 225.000 metros cúbicos de volume de terras e pedras limpas serán aproveitados para o recheo da explotación Faro, na Ermida, para a integración paisaxística e para a futura recuperación do uso forestal.

Este material representa máis do 90% dos sobrantes na escavación das obras. Así, para o recheo da canteira foron necesarios 20 camións que realizaron 15.000 viaxes. 

As obras do hospital seguen avanzando a bo ritmo.

 

Arquivado en