A Concellaría de Festas xa ten ultimado toda a coordinación para a semana grande de festas no concello, para a celebración das festas da Peregrina. Un dos piares fundamentais son os distintos operativos de tráfico e seguridade que activa a Policía Local para estas fechas, baixo a supervisión da concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva (tamén responsable de Festas).
O primeiro dos operativos é o peche ao tráfico das rúas Alameda e Raíña Vitoria onde se instalarán as atraccións intinerantes da Peregrina. O peche está previsto a partir do martes, 6 de agosto, a partir das 23.00 horas.
O operativo comeza o luns, 5 de agosto, coa colocación de valados con sinalización prohibindo o estacionamento nas seguintes rúas:
- Prohibido estacionar dende as 15 horas do martes, 6 de agosto, en:
Raíña Vitoria
Maestranza
Xeneral Martitegui
- Prohibido estacionar dende as 19 horas do martes, 6 de agosto, en:
Rúa Alameda
O peche de Alameda e Raiña Victoria efectivizarase o martes, 6 de agosto, a partir das 23.00 horas coa modificación de sinalización e cambios de sentido de circulación que se relaciona:
- Raíña Vitoria: Corte de tráfico dende a entrada e saída do aparcadoiro da Alameda até o cruce coa rúa Palamios.
- Alameda: dende a rotonda de San Roque-Paseo Colón até a rúa Enrique Marescot (Subdelegación Goberno).
- Rúa Echegarai: Restrínxese a circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa Maestranza, fronte a fachada principal da Facultade Belas Artes e o Ambulatorio Virxe Peregrina.
- Xeneral Martitegui: Invírtese a dirección da rúa Xeneral Martitegui, co fin de permitir o acceso a rúa Maestranza Echegarai, e ao aparcadoiro Praza España.
- Rúa San Roque: Restrínxese o tráfico de acceso dende Corbaceiras até a rúa Alameda, agás residentes. Tamén dende o Paseo Colón en dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, agás entrada ao aparcadoiro soterrado (acceso rúa Raíña Victoria).
- Traslado da parada de taxis da rúa Alameda a Xeneral Martitegui
PUNTOS DE CORTE OU DESVIOS
- Punto 1 (Palamios - acceso Rosalía de Castro): Sinal de entrada prohibida cara San Roque. Sinal de sentido obrigatorio cara Avda. Raíña Vitoria.
- Punto 2 (Praza da Liberdade Xeneral Rubín): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda agás residentes e servizos rúas Centro Historico e San Xosé.
- Punto 3 (Raíña Vitoria Palamios): Valado de peche de rúa, con sinal de entrada prohibida e sinal de sentido obrigatorio á dereita (cara Pastor Díaz).
- Punto 4 (Glorieta Paseo Colón Raíña Vitoria): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda agás Parking.
- Punto 5 (Glorieta Paseo Colón Alameda): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda agás garaxes.
- Punto 6 (Alameda E. Marescot): Valado de peche de rúa con sinal de entrada prohibida e sinal de dirección obrigatoria a dereita (E. Marescot).
- Punto 7 (Corbaceiras San Roque): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda agás residentes e servizos.
VÍAS ALTERNATIVAS AO TRÁFICO DE SAÍDA CARA PONTE DA BARCA
A saída pola ponte da Barca será principalmente por Alfonso XIII e os residentes e servizos pola rúa Echegarai.
O tráfico procedente de Augusto González Besada cara a Raíña Vitoria será desviado pola rúa Xeneral Rubín cara Fernández Ladreda Manuel del Palacio Av. Corbaceiras e Uruguai coa seguinte alternativa ao tráfico:
- Xofre de Tenorio Alfonso XIII Ponte da Barca
- Ponte das Correntes Domingo Fontán e saída cara a estrada Sanxenxo ou Vilagarcia e AP-9
ENTRADA CIDADE PROCEDENTE ESTRADA POIO
Entrada Ponte da Barca Paseo Colón coa alternativa de Monteleón cara a Corbaceiras e San Roque cara a Corbaceiras ou Manuel del Palacio.
Ponte das Correntes: Con diversas alternativas a distintos destinos da cidade ou paso da mesma.
ALTERNATIVA AO TRÁFICO ENTRADA E SAÍDA CIDADE
- Accesos autopista (AP-9)